Volver ao blog

· ocorreu o 23 de xullo de 2014

Unha marca de flocos de millo meteuse nunha conversa sobre fichaxes millonarios

En pleno mercado de fichaxes, coas cifras dun traspaso circulando pola rede, a conta dunha marca de flocos de millo decidiu participar na conversa cunha comparación de prezos entre o que se pagara e o que dá de si ese diñeiro no seu propio produto.

«Hombre, si queríais un paquete, por 20 millones te podías haber comprado unos cuantos de los buenos…»

Popitas · ocorreu o 23 de xullo de 2014

Meterse nunha conversa allea é das cousas que peor lle saen a unha marca, agás cando o chiste non vai contra ninguén en concreto. Aquí a graza está no xogo de palabras e na desproporción, non en sinalar un xogador: por iso funciona sen que quede o regusto da marca oportunista.

Fonte: Marketing Directo

Deixáronte sen réplica?

Pídema no chat →